Galego

Xornalista e escritor. En 28 anos de experiencia profesional traballou nos xornais Faro de Vigo e La Región nas áreas de xudicial, sanidade e sociedade, e en Televisión de Galicia. Colaborou en Tiempo, Radio Nacional, Interviú, El Observador e Cambio 16, e desempeñou cargos de xefe de prensa e director de comunicación en diferentes institucións de Galicia. Mestrado en Drogodependencias, e membro da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP).
 

 Premios:

  • Premio Nacional “Reina Sofía” de Xornalismo sobre Drogas (1992 e 1993)
  • Premio Xunta de Galicia de Xornalismo en Drogodependencias (1990, 1991 e 1995)
  • Premio Nacional de Xornalismo “Julio Camba” (1991)
  • Finalista do Premio de investigación xornalística “Rodolfo Walsh”(1999)
  • Segundo Premio Literario Opticks Plumier de relatos (2010)
  • Premio “Vicente Risco” de Creación Literaria (2010)
  • Premio Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011)
  • Finalista: IV Premio Literario Qué Leer – Volkswagen (2011); XX Premio Edebé de Literatura Xuvenil (2012); Premio da Asociación Galega de Editores á mellor novela, pola súa obra “Deus xogando aos dados” (2012); XXXII Premio Felipe Trigo de Novela (2012).
  • Premio internacional de investigación xornalística Ana María Agüero Melnyczuk polo “Caso Metílico” (Arxentina, 2013).
  • VI Premio de Novela “Ciudad de Almería” por Nunca guardes las cosas rotas (2014).
  •  Premio “Ramón Puga”, Radio Ourense Cadena Ser, á mellor novela pola obra Cuatro esquinitas tiene mi cama (2014).
  •  Mención de Honra no Premio de novela “Creatividad Internacional” (Estados Unidos, 2016).


LIBROS:

Nunca guardes las cosas rotas - CubiertaNunca guardes las cosas rotas (Editorial Aldevara, 2014)

Gañadora do VI Premio de Novela “Ciudad de Almería”. Unha foto, un país en guerra e un amor oculto. Tres cousas rotas que un neno de 10 anos tenta unir para atopar respostas. Pero hai un problema: o mundo é dos maiores, non está feito para cativos.  Outono de 1936: Sebas viaxa en tren coa súa nai en plena Guerra Civil. De súpeto algo se creba nas súas vidas, e a realidad que para el era inocencia e agarimo énchese de cousas descoñecidas. Unha novela que nos traslada ao lugar máis marabilloso: as profundidades da inocencia infantil, nos territorios onde reina o máis puro sentimento.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………

Cuatro esquinitas tiene mi cama - Humor espiritualCuatro esquinitas tiene mi cama (Editorial Suma de Letras, 2014).

(Obra gañadora do I Premio “Ramón Puga”, Radio Ourense Cadena SER, á mellor novela en 2014).- Unha viaxe de dous mil anos por vidas pasadas cheo de humor e ilusión. Ti que farías se un día se che aparece alguén dicindo que é un anxo e que quere axudarche a solucionar o maior problema da túa vida? Unha historia chea de fantasía e realidade, unha viaxe espiritual que nos revela, entre gargalladas, o que importa na vida. Tenra, hilarante e conmovedora: a novela que ten a fórmula para ilusionarte e facerche sorrir.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………

1Met portadaMETÍLICO, 50 años envenenados (Editorial Sotelo Blanco, 2013).

A obra conmemora o cincuenta aniversario do maior envelenamento ocorrido en España por mor de bebidas adulteradas con alcol metílico. A verdade incómoda dun proceso xudicial onde houbo sentencia mais non xustiza foi a causa de que esta historia permanecese agochada durante décadas. Unha traxedia da que ninguén se quixo lembrar. Milleiros de vítimas esquencidas que no recibiron, sequera, un reconoñecemento social.

 ………………………………………………………………………………………………………………………………………..

Deus xogando aos dadosDeus xogando aos dados (Editorial Sotelo Blanco, 2011).

Novela gañadora do XI Premio Vicente Risco de Creación Literaria e finalista do premio á mellor novela do ano 2011, que concede a Asociación Galega de Editores. O libro baséase no feito histórico de que España recibiu entre 1942 e 1944 máis de 5.000 lingotes de ouro que os nazis obtiveron dos xudeos nos campos de exterminio, ouro que serviu para pagar materias primas que Alemaña lle mercou a España durante a 2ª Guerra Mundial, entre elas wolfram das minas galegas.

 

………………………………………………………………………………………………………………………………………..

1MMTMil muertos de un trago (Ediciones Península, 1998).

Primeiro libro sobre o Caso Metílico. Supuxo a culminación de cinco anos de investigación que levaron a Fernando Méndez a viaxar por toda España compilando, documentos e testemuñas sobre esta historia de diñeiro, veleno e morte.

………………………………………………………………………………………………………………………………………..

HCCMHistoria dun crime. O caso do Metílico (Editorial Galaxia, 1998).

Edición en galego que recolle documentos inéditos procedentes das investigacións xudiciais e periciais do Caso Metílico, xunto co testemuñas de vítimas e familiares. Esta obra figurou na lista dos libros máis vendidos en Galicia.

………………………………………………………………………………………………………………………………………..

1La noche y los guerrerosLa noche y los guerreros de fuego (Premio Latin Heritage Foundation – EEUU, 2011).

O libro reúne as obras gañadoras do Premio Internacional de Relato Latin Heritage Foundation 2010, convocatoria á que se presentaron máis de mil obras de América Latina, Estados Unidos, España e outros países europeos.

__________________________________________________________________

wikipedia esp

…………………………………………………………………………………………………………………………………………

Wikipedia galego

………………………………………………………………………………………………………………………………………….

 

………………………………………………………………………………………………………………………………………….

 

……………………………………..……………………………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………….